Como alimentarnos segundo a nosa idade / Nenos de 4 a 11 anos

Características fisiolóxicas
Durante a idade preescolar e escolar prodúcese un descenso na velocidade de crecemento en relación co desenvolvemento durante o primeiro ano de vida e a adolescencia.
Incremento do peso e da talla:
- A partir do catro anos de idade, o ritmo de crecemento até o inicio da adolescencia é duns 2,5 a 3,5 kg por ano.
- En canto á talla, esta aumenta a razón duns 5-8 cm por ano até o inicio da puberdade. Con todo, non todos os nenos e nenas crecen a este ritmo, débense ter en conta os condicionantes xenéticos (a etnia, a talla dos familiares tanto por parte de nai como do pai), o estado de saúde e por suposto, os hábitos de alimentación.
O peso e a talla son os dous parámetros máis fáciles de obter para medir unha boa ou mala alimentación. Si a dieta é desequilibrada (xa sexa por exceso ou por defecto), poden producirse alteracións no ritmo de crecemento. A primeira forma en que se manifesta unha nutrición insuficiente é a través do peso. Si a situación non se soluciona, a talla tamén se ve afectada, así como a composición corporal entre outros aspectos. De aí a importancia de modificar os hábitos alimentarios incorrectos canto antes. Doutra banda, se existe un verdadeiro problema de exceso de peso infantil, o mellor é acudir a un especialista. O seu asesoramento servirá para aclarar dúbidas e preocupacións e realizar un plan de alimentación adecuado (nunca estrito) que non altere a forma de vida, a saúde nin o benestar e non afecte negativamente ao normal ritmo de crecemento.

