02
Como alimentarnos segundo o tipo de traballo / Traballos que esixen comer fóra de casa

Un bo menú coa súa receita
- Almorzo: Un vaso de leite con café ou descafeinado, tostadas e un zume de laranxa natural ou unha peza de froita fresca.
- Xantar: Iogur desnatado e froita, e en caso de traballo físico intenso, un bocadillo de xamón ou queixo suave ou fiambre ou de atún ou sardiñas, etc.
- Comida:
- Ensalada de leituga, tomate, zanahoria e cebola.
- Arroz con pito.
- Froita de tempada e pan.
- Cea:
- Cardo con guisantes e xamón**
- Dourada ao forno con refrito de ajillos e un pouco de guindilla.
- Froita de tempada e pan.
CARDO CON GUISANTES E JAMON
Ingredientes (para 4 persoas):
600 gramos de cardo limpo
150 gramos de guisantes (en cru)
100 gramos de xamón serrano magro
un dente de allo
zume de medio limón
aceite, pementa moída (optativo) e sae
Modo de elaboración:
- Limpamos moi ben os cardos en auga fría e cortamos en anacos regulares duns 2cm de grosor aproximadamente.
- A medida que os imos limpando, colocamos os tacos nun recipiente con auga e limón (para que non se oxiden e non escurezan).
- Cocemos os cardos a lume lento para que se fagan ben, en abundante auga fervendo con sal (botaremos o cardo cando a auga este fervendo).
- Escurrimos o cardo e reservamos o caldo.
- Fritimos no aceite o allo fileteado, uns tacos de xamón e engadimos un pouco de fariña e parte do caldo que reservamos de cocer o cardo ata que se forme unha crema chamada velouté.
- Vertemos esta salsa por encima do cardo nunha cazuela.
- Mesturamos cos guisantes e deixámolo cociñar todo xunto durante 5 minutos.
