02
Como alimentarnos segundo o tipo de traballo / Traballos con horarios especiais

Un bo menú coa súa receita
- Almorzo: Un vaso de leite con café ou descafeinado, galletas sinxelas e un zume de laranxa natural.
- Xantar e merenda: Iogur e froita, e en caso de ser un traballo de esforzo físico intenso, un bocadillo de xamón ou queixo suave ou fiambre ou de atún ou sardiñas, etc.
- Comida:
- Patacas con guisantes.
- Magro de porco con cogomelos salteados con ajillos.
- Froita de tempada e pan.
- Cea:
- Puré de verdura e pataca.
- Filetes de galo gratinados con crema de guisantes**
- Froita de tempada e pan.
FILETES DE GALO CON CREMA DE GUISANTES
Ingredientes (para 4 persoas):
12 filetes de galo (150 gramos / persoa)
150 gramos de guisantes (peso en cru)
un allo porro
dous queixos en porción
aceite de oliva, sal e pementa.
Modo de elaboración:
- Facemos unha crema de guisantes póndoos a cocer en auga con sal, triturándolos e pasándoos polo chinés.
- Cando se arrefriou a crema de guisantes engadímoslle unha cucharada de aceite de oliva cru e dúas quesitos en porción e volvemos a triturar.
- Colocamos os filetes de galo lixeiramente salgados nunha bandexa de forno xunto co allo porro en xuliana e un chorrito de aceite por encima e introducímolos dentro do forno a unha temperatura forte co fin de que se gratinen nuns minutos.
- Cando estean cociñados pomos os filetes de galo encima da crema de guisantes coa que previamente cubririamos o fondo do prato.
- Podemos acompañar dunhas patacas ao vapor.
