01
Como alimentarnos segundo a nosa idade / Persoas de máis de 60 anos

Un bo menú coa súa receita
Menú
Almorzo:
- Un vaso de leite con descafeinado e galletas tipo maría.
Xantar:
- Callada ou iogur e unha froita do tempo madura.
Comida:
- Cardo salteado con allos.
- Albóndigas de pito á xardineira.
- Froita de tempada madura e pan.
Merenda:
- Compota e pan con queixo fresco ou fiambre (hainos pobres en sodio).
Cea:
- Ensalada de tomate, remolacha e cebola.
- Mero con salsa de cogomelos**.
- Froita de tempada madura e pan.
Receita: Mero con salsa de cogomelos
Ingredientes (para 4 persoas)
600 gramos de mero
1 bandexa de cogomelos
4 dentes de allo, unha cucharada de fariña, leite semidesnatada ou desnatada, aceite de oliva e sal (optativo).
Modo de elaboración:
- Trocear o mero en filetes, facelo á prancha e reservalo nunha cazuela.
- Preparar a salsa:
- Trocear os allos e os cogomelos.
- Pór unha tixola con aceite ao lume e cando estea quente engadir os cogomelos. Deixar que se vaian facendo e cando aínda lles falten uns minutos, engadir o allo picado.
- Cando o conxunto está listo, engádese unha cucharada de fariña e remóvese durante uns 2 minutos. Engádese o leite sen deixar de remover ata que ferva e a salsa quede un pouquiño espesa.
- Vértese a salsa sobre a cazuela co mero e quentar o conxunto.
- Pódese decorar cun pouco de perexil fresco picado antes de servir.
