Ir o contido principal
01

Como alimentarnos segundo a nosa idade / Lactante: primeiro ano de vida

Lactante: primer año de vida :: Introdución

Introdución

O primeiro ano de vida é, desde o punto de vista nutricional, crítico, xa que o crecemento e desenvolvemento son os máis rápidos do ciclo vital e o bebé é máis inmaturo e vulnerable do que vai selo nunca. Non hai que esquecer que os bebés teñen que dobrar o peso do nacemento ao catro meses e triplicalo ao ano, polo que é especialmente importante asegurarlle unha alimentación suficiente e axeitada, co triplo obxectivo de satisfacer as súas necesidades nutritivas, previr e/ou tratar diversas situacións patolóxicas e crear uns hábitos alimentarios axeitados.