01
Como alimentarnos segundo a nosa idade / Adulto novo: 18 a 40 anos

Características fisiolóxicas
Atopámonos nunha etapa da vida na que xa non existen as elevadas demandas enerxéticas e nutritivas que caracterizan a outros períodos, talles como a infancia ou a adolescencia. Estas necesidades son sensiblemente menores en relación co peso corporal, e dependen, entre outros factores, de: idade, sexo, complexión (forte, mediana, delgada) e grao de actividade física.
Masa ósea: no inicio da puberdade e até o final da adolescencia é cando se produce o crecemento máis rápido da masa ósea. Desde ese momento e até os 30 anos aproximadamente prodúcese a consolidación do óso. O achegue adecuado de calcio a través da alimentación, vai supor un factor importante como prevención da osteoporose ao longo da vida.

