01
Como alimentarnos segundo a nosa idade / Madurez: 40 a 60 anos

Un bo menú coa súa receita
Menú
Almorzo:
- Leite con café ou descafeinado e galletas sinxelas.
Xantar:
- Froita do tempo.
Comida:
- Porrusalda: allo porro, zanahoria e pataca.
- Sepia con fabas brancas*
- Pan e froita de tempada.
Merenda:
- Leite con café ou descafeinado.
Cea:
- Ensalada de leituga, tomate, cebola, zanahoria e millo cocido.
- Tortilla de pataca e champiñones.
- Pan e froita fresca.
Receita: Sepia con fabas brancas
Ingredientes (para 4 persoas):
800 gramos de sepia
180 gramos de faba branca (en cru)
Unha cebola e un tomate de tamaño medio
Un allo porro, pan rallado, un vaso de viño branco, dúas ramas de perexil, aceite de oliva, dous dentes de allo, sal, loureiro e pementa branca.
Modo de elaboración:
- Pomos en remollo as fabas o día anterior.
- Ao día seguinte, vertemos as fabas nunha cazuela, cubrímolas con auga fría (dous dedos por encima), engadimos dous cucharadas de aceite de oliva e pomos a lume forte. Cando comece a ferver, engadimos media cebola, o allo porro e deixamos cociñar durante 45 minutos a lume medio.
- Limpamos a sepia e cortámola a anacos.
- Pelamos e picamos a cebola e o allo moi fino. Pelamos e troceamos os tomates para quitar as sementes.
- Pomos unha cazuela ao lume con aceite e engadimos a cebola e o loureiro.
- Cando estea a cebola a medio cocer engadimos a sepia previamente salpimentada, e cando a cebola empece a dourarse, engadimos o tomate. Sofreímos o conxunto ata que o tomate estea frito.
- Vertemos o viño e deixamos que coza ata que se reduza á metade coa cacerola tapada.
- Engadimos un litro de auga quente ou de caldo. Deixamos cocer ata que a sepia estea tenra e nese momento, engadimos as fabas e o perexil picado e cocemos cinco minutos máis aproximadamente.
