Ir o contido principal
02

Como alimentarnos segundo o tipo de traballo / Traballos con horarios especiais

Trabajos con horarios especiales :: Un bo menú coa súa receita

Un bo menú coa súa receita

  • Almorzo: Un vaso de leite con café ou descafeinado, galletas sinxelas e un zume de laranxa natural.
  • Xantar e merenda: Iogur e froita, e en caso de ser un traballo de esforzo físico intenso, un bocadillo de xamón ou queixo suave ou fiambre ou de atún ou sardiñas, etc.
  • Comida:
    • Patacas con guisantes.
    • Magro de porco con cogomelos salteados con ajillos.
    • Froita de tempada e pan.
  • Cea:
    • Puré de verdura e pataca.
    • Filetes de galo gratinados con crema de guisantes**
    • Froita de tempada e pan.

FILETES DE GALO CON CREMA DE GUISANTES

Ingredientes (para 4 persoas):

12 filetes de galo (150 gramos / persoa)

150 gramos de guisantes (peso en cru)

un allo porro

dous queixos en porción

aceite de oliva, sal e pementa.

Modo de elaboración:

  1. Facemos unha crema de guisantes póndoos a cocer en auga con sal, triturándolos e pasándoos polo chinés.
  2. Cando se arrefriou a crema de guisantes engadímoslle unha cucharada de aceite de oliva cru e dúas quesitos en porción e volvemos a triturar.
  3. Colocamos os filetes de galo lixeiramente salgados nunha bandexa de forno xunto co allo porro en xuliana e un chorrito de aceite por encima e introducímolos dentro do forno a unha temperatura forte co fin de que se gratinen nuns minutos.
  4. Cando estean cociñados pomos os filetes de galo encima da crema de guisantes coa que previamente cubririamos o fondo do prato.
  5. Podemos acompañar dunhas patacas ao vapor.