01
Como alimentarnos segundo a nosa idade / Embarazo

Un bo menú coa súa receita
Menú
Almorzo:
- Café ou descafeinado cun bo vaso de leite.
- Cereais integrais ou muesli.
- Unha froita enteira ou un vaso de zume.
Xantar:
- Pan integral con atún e tomate.
- Unha froita.
Comida:
- Garavanzos con espinacas e bacallau*
- Muslitos de pito ao forno con verduras.
- Pan integral e iogur.
Merenda:
- Café con leite.
- Galletas sinxelas
Cea:
- Borraja con patacas.
- Galo empanado con limón.
- Pan integral e froita.
- Ao deitarse Iogur.
Receita: Garavanzos con espinacas e bacallau
Ingredientes (para 4 persoas):
300 gramos de garavanzos
400 gramos de espinacas
200 gramos de bacallau desalado
un tomate grande, media cebola e 3 dentes de allo
2 claras de ovo cocidas e unha poliña de perexil
Modo de elaboración:
- Pomos en remollo os garavanzos de véspera nunha cazuela con auga tépeda e con sal e bicarbonato.
- Desalamos o bacallau en auga fría 36 horas antes de utilizalo.
- Lavamos os garavanzos e pómolos nunha pota coa auga quente, cos allos, a cebola, o tomate, deixándoo cocer durante o tempo que marque a pota a presión, ou si non é pota a presión durante 2 horas e media, aproximadamente.
- Lavamos as espinacas, as troceamos e engadímolas aos garavanzos xa cocidos. Sacamos o tomate, a cebola e o allo do cocido e pasámolos polo pasapuré. Nunha tixola fritimos un allo, engadimos as verduras pasadas polo pasapurés. Mesturamos a clara de ovo cocido co bacallau e as verduras pasadas e engadimos ao cocido de garavanzos.
- Deixamos cocer o conxunto uns minutos e pomos a piques de sal. Espolvoreamos con perexil picado.
