01
Como alimentarnos segundo a nosa idade / Persoas de máis de 60 anos

Introdución
Os avances das Ciencias da Saúde, incluída a Nutrición Humana, fixeron posible prolongar a esperanza de vida dunha forma considerable.
Actualmente a vida media sitúase por encima dos 70 anos nos países de alto nivel de benestar. Con todo, non é suficiente conseguir vivir moitos anos, o fundamental é manter ao mesmo tempo un bo estado de saúde e calidade de vida. Por tanto, sexa cal for a idade, é moi importante levar a cabo unha alimentación axeitada e un estilo de vida saudable, que inclúe practícaa regular de exercicio segundo a condición física individual e o abandonar hábitos prexudiciais (tabaco, alcol, auto medicación) e a ocupación do tempo libre en actividades lúdico recreativas.
