Ir o contido principal
01

Como alimentarnos segundo a nosa idade / Persoas de máis de 60 anos

Personas de más de 60 años :: Un bo menú coa súa receita

Un bo menú coa súa receita

Menú

Almorzo:

  • Un vaso de leite con descafeinado e galletas tipo maría.

Xantar:

  • Callada ou iogur e unha froita do tempo madura.

Comida:

  • Cardo salteado con allos.
  • Albóndigas de pito á xardineira.
  • Froita de tempada madura e pan.

Merenda:

  • Compota e pan con queixo fresco ou fiambre (hainos pobres en sodio).

Cea:

  • Ensalada de tomate, remolacha e cebola.
  • Mero con salsa de cogomelos**.
  • Froita de tempada madura e pan.

Receita: Mero con salsa de cogomelos

Ingredientes (para 4 persoas)

600 gramos de mero

1 bandexa de cogomelos

4 dentes de allo, unha cucharada de fariña, leite semidesnatada ou desnatada, aceite de oliva e sal (optativo).

Modo de elaboración:

  1. Trocear o mero en filetes, facelo á prancha e reservalo nunha cazuela.
  2. Preparar a salsa:
    • Trocear os allos e os cogomelos.
    • Pór unha tixola con aceite ao lume e cando estea quente engadir os cogomelos. Deixar que se vaian facendo e cando aínda lles falten uns minutos, engadir o allo picado.
    • Cando o conxunto está listo, engádese unha cucharada de fariña e remóvese durante uns 2 minutos. Engádese o leite sen deixar de remover ata que ferva e a salsa quede un pouquiño espesa.
  3. Vértese a salsa sobre a cazuela co mero e quentar o conxunto.
  4. Pódese decorar cun pouco de perexil fresco picado antes de servir.