01
Como alimentarnos segundo a nosa idade / Nenos de 1 a 3 anos

Un bo menú coa súa receita
Menú
Almorzo A
- Papilla: 200 mL de leite enteiro máis 5 cucharadas sopeiras de fariña de cereais instantánea
Almorzo B
- Un vaso de leite enteiro con cacao.
- Pan (20 gramos) pintado de manteiga e marmelada.
Comida:
- Arroz con salsa de tomate.
- Pescada (30 gramos) ao vapor aderezada con aceite de oliva cru e zanahoria rallada.
- Pan e pera.
Merenda:
- Iogur e 2-3 galletas.
- Zume dunha laranxa.
Cea:
- Sopa xuliana*
- Tortilla francesa (elaborada con 1 ovo de tamaño medio).
- Pan e petit suisse.
Receita: Sopa Xuliana (para un neno de 2 anos)
Ingredientes:
Unha penca de acelga
12 vainas de faba verde, 2 zanahorias
2 allos porros, unha pataca, 2 litros de auga
3-4 cucharadas de aceite de oliva
Modo de elaboración:
- Ponse a auga a ferver e cando comeza a ebulición bótanse todas as verduras previamente lavadas e cortadas en anacos pequenos ou en xuliana (en tiras).
- Cando as hortalizas estean cocidas engádese o aceite cru e sérvese. Si o neno rexeita os anacos de verduras se trituran todos os ingredientes e queda unha crema moi fina.
